Galego Castellano

Inicio Quen somos

 


Cursos Desa

2011

3
nov
DESFIBRILACIÓN
Lugo
3
out
PRIMEIROS AUXILIOS
Vigo
11
xuñ
PRIMEIROS AUXILIOS
Pontevedra
11
xuñ
PRIMEIROS AUXILIOS
O Porriño
11
xuñ
PRIMEIROS AUXILIOS
Silleda
 
 
Faceebok


 

Quen somos

A Asociación Cultural EFEGA (Ensino e Formación en Emerxencias de Galicia) nace no 2009 co obxectivo de dar resposta á demanda existente en educación sanitaria en todos os sectores sociais e laborais, que pola súa actividade profisional, son en ocasións os primeiros en ter que actuar onde acontece unha emerxencia sanitaria. Ademais consideramos fundamental promover a educación sanitaria e a prevención a todos os niveis, xa que unha poboación con coñecementos en primeiros auxilios reduciría considerabelmente o índice de mortalidade e o gasto sanitario da sociedade.

Os nosos obxectivos:

  • A formación profesional do persoal técnico de emerxencias

  • A educación e formación socio-sanitaria da poboación.

  • A educación e formación da mocidade galega.

  • Fomento de hábitos de vida saudábel na poboación xuvenil.

  • A formación sanitaria e a prevención de riscos dos colectivos profesionais.

  • Impulsar o uso do galego e ofrecer unha visión afable e moderna da lingua.




PERSOAL ESPECIALIZADO:

Dispoñemos dun amplo abano de docentes cualíficados; persoal técnico, de menciña e enfermaría.

GRAN OFERTA FORMATIVA:

Ofertamos todo tipo de cursos relacionados co ámbito sanitario.

FORMACIÓN A MEDIDA:

Solucións integrais para empresas e colectivos profesionais, preparamos calquera tipo de curso a medida das súas necesidades.

COBERTURA NACIONAL:

Organizamos cursos en todo o país. Consulte orzamento sen compromiso.

HOMOLOGACIÓN:

Os nosos cursos contan co aval científico da Semes, o recoñecemento de interese sanitario da Consellería de Sanidade e créditos de formación continuada do Sistema Nacional de Saúde


 

Aviso legal | Contacto | Mapa web


Copyright © EFEGA 2009 Todos os dereitos reservados
Deseño Efega por LYC Informática