Galego Castellano

Inicio Novas

 


Cursos Desa

2011

3
nov
DESFIBRILACIÓN
Lugo
3
out
PRIMEIROS AUXILIOS
Vigo
11
xuñ
PRIMEIROS AUXILIOS
Pontevedra
11
xuñ
PRIMEIROS AUXILIOS
O Porriño
11
xuñ
PRIMEIROS AUXILIOS
Silleda
 
 
Faceebok


 

Novas





EFEGA consigue acreditar 4,6 creditos dun curso de urxencias de 20 horas de duración

A Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias de Galicia, recoñeze deste xeito os contidos do curso dirixido ao persoal de enfermaría e menciña.

Novas EFEGA
Enfermeira realizando a manobra de extración do casco a un accientado.

29/12/2011 A Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias de Galicia, ben de outorgar o pasado 27 de decembro 4,6 créditos de formación continuada ao curso denominado “Urxencias e Emerxencias Extrahospitalarias - Soporte Vital Basico para Equipos de Saúde” de 20 horas de duración. EFEGA impartiu este curso a vinte profesionais da enfermaría da area sanitaria sur de Pontevedra en colaboración con forGA-Vigo e CIG-Saúde.

Está acción formativa deseñada especificamente para o persoal do equipo de saúde dos Puntos de Atención Continuada (PAC) e dos Centros Hospitalarios, tenta cumplir un dobre obxectivo. Dunha banda, dar resposta as necesidades dun colectivo que carece da especialización en urxencias. Por iso este curso céntrase nas materias máis importantes das emerxencias sanitarias extrahospitalarias. Doutra banda, tenta ofrecer unha solución a necesidade de créditos formativos. Deste xeito, con 20 horas de formación consíguense preto de 1,5 puntos, dos oito necesarios nos concusos de oposición do SERGAS.

Durante o curso déronse a coñecer todos os aspectos relacionados coa activación do servizo de urxencias sanitarias, as particularidades na actuación en catástrofes e accidentes con múltiples vítimas, a mobilizaciación e a inmobilizaciación de pacientes politraumatizados e as últimas recomendacións en materia de soporte vital básico da American Heart Association (AHA). Ademáis, as participantes puideron realizar prácticas empregando material de resacte e inmobilización nunha ambulancia medicalizada e a aprender a utilizar os dispositivos necesarios para a reanimación cardipulmonar tales como cánulas, balóns de resucitación ou desfibriladores.

Os interesados en recibir formación poden informarse a través da páxina web www.efega.eu ou no enderezo de correo info@efega.eu.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA impartirá cursos de primeiros auxilios a bordo de buques de pesca

Mariñeiros do Morrazo aproveitan o paro biolóxico para se formar na utilización do material sanitario de rescate incluido nos barcos onde traballan.

Novas EFEGA
Mariñeiros a bordo do buque “Ana Gandón” realizando prácticas de inmobilización.

24/11/2011 O Centro de Estudios Cangas (CEC), organiza en colaboración con EFEGA un curso de “Primeiros Auxilios para Profesionais Nautico-pesqueiros”, a través da bonificación da Fundación Tripartita para a formación continua nas empresas. Máis de 20 tripulantes de todas as categorías profesionais, dende capitáns e timoneis, ata xefes de máquinas ou mariñeiros, realizarán este curso que se celebrará en dúas edicións consecutivas os meses de novembro e decembro de 2011.

Os destinatarios desta acción formativa prestan o seu traballo en buques que realizan a súa navegación en zonas situadas a máis de 150 millas náuticas do peirao máis próximo. Porén, resulta fundamental que coñezan as técnicas de rescate, inmobilización e soporte vital, que permitan a estabilización dun ferido en espera de recibir a axuda especializada que precisa.

Todos os profesionais asistentes ao curso, adquirirán os coñecementos necesarios na solicitude de axuda ao centro radiomédico e a prestación de asistencia médica a distancia, soporte vitál básico e reanimación, tratamento de hemorraxias e traumatismos, así como a valoración dos distintos tipos de emerxencias. Ademáis, o curso conta coa posibilidade de realizar prácticas a bordo, empregando o material de inmobilización e de reanimación do que dispón o propio barco segundo a normativa vixente.

Os interesados en recibir formación poden informarse a través da páxina web www.efega.eu ou no enderezo de correo info@efega.eu.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA formará a conductores de autobús para atender posibles urxencias nas viaxes

Os conductores do sevizo de transporte público recibirán formación para intervir en accidentes de tráfico e na atención inicial a usuarios que precisen asistencia urxente.

Novas EFEGA
Usuarios do servizo discrecional de viaxeiros apeándose do autobus.

02/11/2011 Conductores da empresa “Atobuses Cerqueiro”, pertencente ao grupo “As Rías”, recibirán nos vindeiros días un curso especifico de primeiros auxilios. Con esta medida, a empresa que presta o servizo de transporte público de viaxeiros na comarca do Morrazo, pretende preparar aos seus empregados para que saiban actuar ante un posible accidente de tráfico ou indisposición dalgún dos seus usuarios.

A pesar de que non se trata dun colectivo cun alto índice de sinistrabilidade, o feito de pasar a meirande parte da súa xornada circulando polas nosas estradas, fai que existan moitas posibilidades de que se atopén un accidente de tráfico no que deberán prestar auxilio tal e como obriga a lexislación vixente.

“En ocasións, vémonos na obriga de parar para atender aos implicados nun accidente de tráfico e non é a primeira vez que temos que pedir unha ambulancia para algún dos pasaxeiros durante unha viaxe. Este curso resulta moi útil para saber que facer mentres non chegan os servizos de emerxencias”. - Indicou un dos asistentes ao curso.

Os participantes nesta acción formativa poderán aprender e practicar como activar adecuadamente aos servizos de emerxencias e os principais aspectos relacionados cos primeiros auxilios tales como; soporte vital básico, obstrución da vía aerea, traumatismos, hemorraxias e feridas, crises convulsivas, diminución de conciencia e sobre todo, actuación en accidentes de tráfico, entre outros.

Os interesados en recibir formación poden informarse a través da páxina web www.efega.eu ou no enderezo de correo info@efega.eu.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA ensinará primeiros auxilios ao persoal das Escolas Infantís de Galicia

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia contrata a EFEGA para impartir cursos de primeiros auxilios pediátricos ao seus docentes.

Novas EFEGA
Mestra de educación infantil co seu alumnado durante unha clase.

01/06/2011  O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia en colaboración con EFEGA impartirá cursos de primeiros auxilios pediátricos a máis de 180 mestres de educación infantil durante o mes de xuño. Concretamente, serán as escolas infantís das cidades de Ourense, Porriño, Pontevedra, Silleda, Culleredo e A Coruña, as elexidas para impartir a formación dirixida ao persoal de toda Galicia.

En cumplimento da normativa vixente que esixe ao persoal a cargo dos nenos de 0 a 3 anos da Rede de Escolas Infantís de Galicia de contar cun curso de primeiros auxilios pediátricos, a Xunta de Galicia contrata a EFEGA para desenvolver esta acción formativa que se impartirá os días 11 e 18 de xuño simultaneamente.

Os asistentes ao curso, poderán aprender os principais aspectos relacionados cos primeiros auxilios pediátricos tales como; activación do sistema de emerxencias, soporte vital básico pediátrico, obstrución de vía aerea, traumatismos, hemorraxias e feridas, crise convulsiva diminución de conciencia, diabetes e accidentes de tráfico entre outros.

Os interesados en recibir formación poden informarse a través da páxina web www.efega.eu ou no enderezo de correo info@efega.eu.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA instruirá a mestres de primaria e secundaria en primeiros auxilios

A Confederación Intersindical Galega - CIG, chega a un acordo con EFEGA para a formación do profesorado das principais cidades galegas.

Novas EFEGA
Mestra de educación primaria co seu alumnado durante unha clase.

11/04/2011 O Gabinete Técnico de Saude Laboral da CIG en colaboración con EFEGA impartirá cursos de primeiros auxilios a máis de 100 mestres de primaria e secundaria durante o ano 2011. Concretamente, serán as instalacións sindicais das cidades de Lugo, Burela, A Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense as elexidas para realizar a formación.

A demanda dos mestres de recibir formación en primeiros auxilios deu como resultado esta acción formativa, que ten como obxectivo responder a necesidade dos docentes de saber facer fronte ás principais urxencias ocorridas no ámbito escolar. “Cando un neno ten un accidente no centro, somos os mestres os responsábeis de actuar mentres non chegan os servizos de urxencias, pero non estamos preparados para atender estas emerxencias. Non só os mestres, senon toda a comunidade educativa, debería facer cursos de primeiros auxilios”. Sinalou un dos futuros asistentes ao curso.

Durante o curso, os asistentes aprenderán os principais aspectos relacionados cos primeiros auxilios pediátricos tales como; activación do sistema de emerxencias, soporte vital básico pediátrico, obstrución de vía aerea, traumatismos, hemorraxias e accidentes de tráfico entre outros.

Os interesados en recibir formación poden informarse a través da páxina web www.efega.eu ou no enderezo de correo info@efega.eu.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA forma ao persoal do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal - 065

Un grupo de 25 acompañantes de transporte adaptado recibiu formación específica en emerxencias sanitarias nas instalacións da empresa Autocares Rias Baixas.

Novas EFEGA
Alumna inmobilizando un vehículo nun exercicio de accidente simulado

13/02/2011  As instalacións que a empresa Autocares Rias Baixas posue en Pontevedra foi escenario no día de onte dun curso de primeiros auxilios dirixido ás acompañantes de transporte adaptado ascritas ao servizo 065, onde un grupo de 25 profesionais participou nun curso deseñado a medida para dar resposta ás principais causas de emerxencia sanitaria da súa actividade laboral.

O curso comezou cunha clase teórica na que se repasaron os aspectos fundamentais sobre soporte vital básico e actuación en caso de accidente de circulación, para continuar cun exercicio práctico. Unha a unha, as alumnas tiveron que resolver diferentes continxencias nun escenario onde se simulou un accidente de circulación e diferentes situacións de parada cardiorespiratoria.

As asistentes ao curso tiveron que empregarse a fondo para sortear as diferentes probas preparadas por EFEGA. Rescate de vehículos, evacuación de pacientes, reanimación cardipulmonar e a activación do sistema de emerxencias, foron algunhas das tarefas realizadas para superar o curso. A actividade rematou coa participación dunha ambulancia, onde Persoal Técnico de Emerxencias completaban a asistencia iniciada polas traballadoras do servizo 065.

Este curso forma parte dunha acción formativa anual que organiza ADECCO en colaboración con EFEGA, para que as profesionais do servizo de apoio á mobilidade persoal estean preparadas para atender calquera eventualidade, á espera dos servizos de emerxencias. Os interesados en recibir formación poden informarse a través da páxina web www.efega.eu ou no enderezo de correo info@efega.eu.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA instrue a vixiantes de seguridade no manexo de desfibriladores

Unha veintena de traballadores reciben o curso oficial para a utilización de desbriladores semiautomáticos promovido pola Confederación Intersindical Galega.

Novas EFEGA
Alumnos empregando un desfibrilador durante unha clase práctica

14/22/2010 Dende que o Consello de Ministros aprobara en marzo do 2009 un Real Decreto para regular o uso de Desfibriladores Semiautomáticos en lugares públicos, as Comunidades Autónomas están a promover a súa instalación onde poida haber gran afluencia de persoas. Cada vez é mais habitual ver estes dispositivos en aeroportos, estadios, concellos ou centros comerciais.

Debido a temporalidade na contratación de persoal propio dos centros comerciais, é cada vez máis habitual que se requira o servizo de vixiantes de seguridade preparados para o manexo de Desfibriladores Semiautomáticos. Por iso EFEGA - Educación e Formación en Emerxencias de Galicia, ofrece a posibilidade de formarse nun só día e obter o Curso Oficial de Desfibrilación Semiautomática.

Conscientes deste problema e atendendo á demanda de formación en primeiros auxilios e o manexo de desfibriladores, a Confederación Intersindical Galega - CIG, encargou a EFEGA a formación dunha veintena de traballadores do sector da seguridade privada.

O obxectivo deste curso é conseguir que o alumnado adquira as competencias recollidas no Decreto 251/2000 onde se faculta ao persoal non médico para a utilización do DESA e a súa posterior inscripción no catalogo de persoas autorizadas para a súa utilización.

Os interesados en recibir formación poden informarse a través da páxina web www.efega.eu ou no enderezo de correo info@efega.eu.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA impartirá cursos de reanimación pediátrica no IES Sofía Casanova de Ferrol

50 estudantes de Técnico de Educación Infantil do instituto ferrolá, instruiranse en primeiros auxilios e reanimación pediátrica para completar a súa formación.

Novas EFEGA
Exteriores do IES Sofía Casanova de Ferrol

12/04/10 O alumnado do centro de formación profesional Sofía Casanova de Ferrol, realizará como parte da súa formación, cursos de primeiros auxilios e reanimación pediátrica. Concretamente, serán alumnas do ciclo de Técnico de Educación Infantil que imparte o centro, as que complementarán a súa formación na atención á infancia con cursos de interese sanitario.

A dirección do centro de formación profesional ferrolá, encargou á Asociación Cultural EFEGA (Educación e Formación en Emerxencias Sanitarias de Galicia) o deseño dun curso que cubra as necesidades formativas en materia preventiva que pode precisar un profesional de atención a infancia.

O curso que leva o nome de “Curso de salvacorazóns e primeiros auxilios pediátricos con RCP” impartirase en dúas edicións para 22 alumnos e incluirán ademais de amplos coñecementos de primeiros auxilios pediátricos, un módulo específico de reanimación cardiopulmonar. Esta acción formativa conta co recoñecemento de interese sanitario da Consellería de Sanidade, o aval científico da Sociedade Española de Menciña de Urxencias e Emerxencias e a acreditación da American Heart Association.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA impartirá cursos de primeiros auxilios á Sociedade Deportiva Ribadeo

O equipo técnico e directivo da sociedade ribadense recibirá a formación necesaria para facer fronte ás principais emerxencias sanitarias sufridas polos deportistas.

Novas EFEGA
Integrantes dun equipo infantil da S.D Ribadeo á finalización dun encontro

13/11/09 A Sociedade Deportiva Ribadeo, responsábel da xestión das escolas deportivas municipais, recibirá cursos de primeiros auxilios impartidos pola Asociación Cultural EFEGA (Educación e Formación en Emerxencias Sanitarias de Galicia) para que o seu corpo técnico e deportivo estea preparado para dar resposta ante calquera incidente ocorrido durante a práctica deportiva.

A sociedade deportiva amosou a súa preocupación polos recentes acontecementos ocorridos durante a celebración de encontros de fútbol de categorías superiores, que se saldaron co falecemento de deportistas, polo que tanto adestradores como directivos realizarán os cursos impartidos por EFEGA. Deste xeito, os xóvenes deportistas Ribadenses poderán sentirse máis seguros durante encontros e adestramentos.

A Concellería da Muller de Ribadeo impartirá charlas de primeiros auxilios.

Por outra banda, o Concello de Ribadeo, sumase a outros municipios galegos á hora de conveniar con EFEGA a utilización de dependencias municipais para impartir cursos de formación a cambio de charlas sobre soporte vital básico. En concreto, será o departamento de muller que dirixe a nacionalista Mari Luz Álvarez Lastra será o encargado de organizar estas charlas.

Froito desta colaboración, EFEGA impartirá xa o vindeiro día 28, un curso de desfibrilación semiautomática oficial, que conta coa acreditación da Sociedade Española de Menciña de Urxencias e Emerxencias e da American Heart Association.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA colaborará co Concello de Zas impartindo charlas de primeiros auxilios

As charlas irán dirixidas a toda a poboación e permitirán acadar coñecementos en materia de prevención de accidentes e tratamento de emerxencias sanitarias.

Novas EFEGA
Ponte de Brandomil, momunento representativo do Concello de Zas

10/11/09 A asociación Cultural EFEGA (Educación e Formación en Emerxencias Sanitarias de Galicia) comezará a colaborar nos vindeiros días co concello de Zas na elaboración de charlas sobre primeiros auxilios dirixidas a toda a poboación.

Estás charlas impartiranse en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais e consistirán nunha serie de consellos prácticos sobre como actuar en materia de soporte vital básico, fracturas, hemorraxias, queimaduras ou incluso accidentes de tráfico.

O persoal asistente a estas charlas tamén poderá realizar diariamente prácticas relacionadas coas principais técnicas de primeiros auxilios e rematará a súa formación cunha simulación de emerxencia na praza do concello.

pdf Descarga aquí a nova

 

EFEGA impartirá cursos en colaboración cos concellos de A Coruña e Lugo

Máis de 50 profesionais sanitarios prepararanse para o manexo de desfibriladores semiautomáticos e perfeccionarán técnicas de vendaxes nas instalacións municipais.

Novas EFEGA
Profesionais de urxencias sanitarias trasladando a un paciente

08/11/09 Os concellos de A Coruña e Lugo formalizaron recentemente un convenio de colaboración polo que se lle permite á Asociación Cultural EFEGA (Educación e Formación en Emerxencias Sanitarias de Galicia) empregar as instalacións municipais para realizar cursos de desfibrilación e vendaxes para persoal sanitario de ambos municipios.

Máis de 50 profesionais realizarán os cursos homologados para o manexo de desfibriladores semiautomáticos e de técnicas de vendaxe nos cursos que EFEGA impartirá durante o mes de novembro nas cidades galegas.

En total impartiranse catro cursos de desfibrilación semiatumática, dous de vendaxe e un de reciclaxe. Os cursos ofrecidos contan co recoñecemento de interese sanitario da Consellería de Sanidade, o aval científico da Sociedade Española de Menciña de Urxencias e Emerxencias e a acreditación da American Heart Association.

pdf Descarga aquí a nova

 

 

Aviso legal | Contacto | Mapa web


Copyright © EFEGA 2009 Todos os dereitos reservados
Deseño Efega por LYC Informática